LIBRERÍA ONLINE

Ubicación: portada /

RSS
Buscar

Artículos: 0FranciscanosPrecio: 0

CATEGORÍAS

LIBROS

LIBROS DE OCASIÓN

LIBROS DE SEGUNDA MANO

REVISTAS

SEPARATAS

NOVEDADES

LibrosLibros: Varios / Galicia

Novedad

Canto popular gallego

18,00 €

*Precio con I.V.A. incluido.

Canto popular gallego

SINOPSIS
O 9 de setembro do ano 1939 solicítase licenza para a publicación do cancionero "Canto popular gallego. Colección de temas musicales y coplas gallegas" que autoriza o Ministerio da Gobernación o mesmo día. Imprímense 3000 exemplares que saen do prelo o 24 de xullo de 1940.

Despois da contribución inicial dos precursores, alicerces do cancioneiro popular, os músicos e as diferentes agrupacións culturais e musicais acceden ó material da "Colección de cantos y bailes de la provincia de Pontevedra" de Víctor Said Armesto e Casto Sampedro (1910), da publicación do "Cancioneiro musical popular español" de Felip Pedrell (1919-1922), da publicación da conferencia-concerto sobre o cancioneiro galego (1922) e, xa no ano 1940, da do cancioneiro "Canto popular gallego", ámbolos dous traballos de Fernández Espinosa.

Trala publicación do seu cancioneiro, "Canto popular gallego" (1940), aparece o "Cancioneiro musical de Galicia" (1942) de Casto Sampedro, na edición publicada por Filgueira Valverde, edición que, como manifestou o propio Fernández espinosa nas súas notas autobigráficas, "aínda que hai quen o negue o autor material e moral do Cancioneiro Galego (Cancioneiro musical de Galicia) funo eu e pódoo probar".

O corpus das coplas e das melodías publicadas por Fernández Espinosa, colaborador incansable e moi amigo de Casto Sampedro, aparecerá de maneira reiterada nos cancioneiros de diferentes autores sen que se faga ningunha referencia á publicación do autor. Finado Casto Sampedro, usúrpanlle a Fernández Espinosa o protagonismo que tivo na magna obra do "Cancioneiro musical de Galicia" ó lado do amigo incondicional.

Tamén se incluirá parte deste corpus da obra de Fernández Espinosa na obra de Bal y Gay e Martínez Torner "Cancionero gallego" (1973), autores que ignoran a publicación do cancioneiro "Canto popular gallego".

Esta edición comentada da obra de Fernández Espinosa pretende esclarece-la historiografía dos cancioneiros galegos ata a edición do cancioneiro de Dorothé Schubarth e Antón Santamarina no ano 1984.

DATOS DEL LIBRO

Eco FranciscanoEditorial: Provincia Franciscana de Santiago, El Eco Franciscano
Eco FranciscanoAutor/es:
Eco FranciscanoNº de páginas: 151
Eco Franciscanoidioma: gallego
Eco FranciscanoAño edición: 2024
Eco FranciscanoEncuadernación: Tapa blanda
Eco FranciscanoFormato: 23,5 cm
Eco FranciscanoISBN: 978-84-09-62118-7

Añadir este número a mi compra

Libros relacionadosLIBROS RELACIONADOS

Gallegos misioneros en el mundo

15,00 €

La restauración de la Orden Franciscana en España (1836-1856)

25,00 €

Santa Beatriz de Silva. Bajo el signo de María

5,80 €

La mar de ocurrencias (propias y apropiadas)

4,50 €

Maestro Gratuito. Correspondencia con su hermano de hábito y colega José Luis Soto Pérez.

26,00 €
Métodos de pago
Campillo de San Francisco, 3 - 15705 - Santiago de Compostela (A Coruña) | Teléfono: 981 58 16 00 extensión 342
Arriba

© 2012 Editorial Eco Franciscano - Todos los derechos reservados | Aviso legal - Política de privacidad - Condiciones de compra - Acceso privado  //  Diseño y programación web Ikono.es