LIBRERÍA ONLINE

Ubicación: portada /

RSS
Buscar

Artículos: 0FranciscanosPrecio: 0

CATEGORÍAS

LIBROS

LIBROS DE OCASIÓN

LIBROS DE SEGUNDA MANO

REVISTAS

SEPARATAS

NOVEDADES

LibrosLibros: Franciscanismo / Poesía

Novedad

Samuel Eiján. Poesía reunida (editado por Francisco Leira y Armando Requeixo)

12,00 €

*Precio con I.V.A. incluido.

Samuel Eiján. Poesía reunida (editado por Francisco Leira y Armando Requeixo)

Eiján, Samuel. OFM

SINOPSIS
Neste volume se editaron as poesías en galego de Fr. Samuel Eiján, "Magoas" (ás dúas ediciós, sendo a de 1902 moi complexa de conseguir e a de 1913), "D'y'alma" e "Froliñas de San Francisco". Un tomo único dun dos mellores poetas da súa xeración, que conta cun completo análise previo do historiador Francisco Leira e do crítico literario Armando Requeixo. Participaou a Real Academia Galega, a Secretaria xeral de Política Lingüística, o Consello da Cultura Galega e o Museo do Pobo Galego

Fraysel foi o principal pseudónimo co que asinou, cando o facía, Samuel Eiján. Un xogo de palabras que procede de “fray” e das primeiras letras do seu nome completo, Samuel Eiján Lorenzo. Foi un prolífico escritor de comezos do século XX que cultivou a narrativa, o ensaio, o teatro e a poesía. Naceu un 10 de maio de 1876 en San Clodio, no municipio de Leiro, na provincia de Ourense. Desde moi novo interesouse por realizar a carreira eclesiástica e entrar no seminario. Ingresou na “pasantía de Gomariz”, onde sentiu inquietudes vocacionais para o estudo. Xa desde mozo publicou os seus primeiros artigos en prensa grazas a súa calidade narrativa. Na súa madureza recordaba este período da súa vida, a través de pequenas publicacións en El Eco Franciscano (Campelo, 1945: 343 e Soto, 1969: 253). O 25 de abril de 1890 inaugurouse a Escola Seráfica de Louro e él foi un dos alumnos da primeira promoción. Eiján “tomou o hábito o 18 de outubro de 1890 a só tres días de cumprir os 15 anos, realizou a profesión solemne o 16 de agosto de 1895. Desde a súa ordenación sacerdotal, feita en 1899 en Lugo”, comezou a trasladar aos demais frades da provincia a súa preocupación humanística a causa de que xa “desde setembro de 1896 fora nomeado director da importante revista da Provincia Seráfica de Santiago El Eco Franciscano” (Campelo, 1945, p. 343 e Soto, 1969, p. 253). Destacou intelectualmente desde a súa mocidade e ademais do cargo de director da revista foi nomeado bibliotecario provincial en Santiago, posto relevante debido ao seu importante patrimonio bibliográfico, ademais de ser o lugar de estudo de irmáns da orde, así como dos leigos ou postulantes, ata que o destinaron a Terra Santa a realizar labores misioneiros no 1902 (Soto, 1969, p. 253, Campelo, 1945, p. 343).
Coa idade de 27 anos foi nomeado superior da Basílica do Santo Sepulcro de Xerusalén en 1903, un posto que ostentou ata 1906, sendo o primeiro superior que completou alí o trienio no cargo. Elixírono para ocupar a tarefa de discreto de Terra Santa. En 1908 foi nomeado secretario de Procura Xeral e actuou como guía de Peregrinacións (Soto, 1969: 253). A súa estancia en Terra Santa ten un reflexo nas súas obras ambientadas alí, como A cuestión dos Santos Lugares. Escenas Palestinianas (1905), Memento Jerusalem! Manual dos devotos dos Santos Lugares (1905), Narracións e lendas de oriente (1906) ou a tradución da Nueva guía de Tierra Santa (1908) de R. P. Bernabé Meistermann.
No seu regreso a Galicia en 1908 volvérono a nomear director de El Eco Franciscano, cargo que desempeñou ata 1915 cando o nomearon superior de Ribadavia onde permaneceu ata 1920. Da súa estancia nace o libro Historia de Ribadavia (1920) ou Rumores del Avia. Versos Ribereños (1916). É durante este período cando foi director da Juventud Antoniana. Do mesmo xeito, foi comisario provincial da orde terceira entre 1914 a 1917 e entre 1931 e 1933, procurando que correspondese o seu labor ao contexto histórico. No ano 1923 foi nomeado ministro provincial da Provincia Seráfica de Santiago. Foi o primeiro frade que desempeñou o posto dous trienios seguidos (Soto, 1969: 254 e Campelo, 1945: 343-344). En 1929 foi nomeado custodio provincial e en 1933 comisario de Terra Santa ata a súa morte. Faleceu en Santiago o 14 de decembro de 1945. Unha vida adicada as letras e o apostolado franciscano, tanto en Terra Santa como en Galicia.
O que se pretende destacar deste personaxe tan complexo é o seu papel como narrador, poeta e difusor da cultura. Deixou unha inmensa cantidade de escritos en periódicos e revistas, encargouse de dirixir outras como El Eco Franciscano, San Antonio ou Revista Franciscana. Foi novelista, escribiu relatos curtos, poeta, tradutor, profesor, historiador e ensaísta. Por estes méritos, en 1915 nomeárono membro correspondente da Real Academia Galega e en 1941 numerario. En 1925 ingresou na destacable institución do Instituto Histórico do Minho de Portugal. En 1928 entrou a formar parte do Seminario de Estudos Galegos. Incluso foi membro da Xunta de Turismo de Ourense en 1941. Estes postos gañounos grazas a un importante traballo como literato galego e en favor da súa lingua: Mágoas, D’a-y-alma, Froliñas de San Francisco e os numerosos poemas publicados en prensa e reivindicando a súa terra testemúñano. Así mesmo, outorgáronlle a Placa de la Orden de Isabel La Católica en 1940 e foi membro nato da Xunta Oficial da Obra Pía dos Santos Lugares o mesmo ano. Tamén participou como xurado en certames literarios na xunta Editora da Biblioteca Franciscana de Madrid (Soto, 1969: 254; Campelo, 1945: 343-344 e Canedo, 1966: 121).

DATOS DEL LIBRO

Eco FranciscanoEditorial: Provincia Franciscana de Santiago/Eco Franciscano-Xunta de Galicia-Real Academia Galega
Eco FranciscanoAutor/es: Eiján, Samuel. OFM
Eco FranciscanoNº de páginas: 509
Eco Franciscanoidioma: galego
Eco FranciscanoAño edición: 2018
Eco FranciscanoEncuadernación: Tapa blanda
Eco FranciscanoFormato: 12,7x20 cm.
Eco FranciscanoISBN: 9788494498459

Añadir este número a mi compra

Libros relacionadosLIBROS RELACIONADOS

La Provincia de España de los Frailes Menores. Apuntes Histórico-Críticos

35,36 €

Gallegos misioneros en el mundo

15,00 €

De empresario a santo : Sebastián de Aparicio : una historia real

10,00 €

Cisneros. El cardenal de España

15,00 €

Primer abecedario espiritual de Francisco de Osuna

20,10 €
Métodos de pago
Campillo de San Francisco, 3 - 15705 - Santiago de Compostela (A Coruña) | Teléfono: 981 58 16 00 extensión 342
Arriba

© 2012 Editorial Eco Franciscano - Todos los derechos reservados | Aviso legal - Política de privacidad - Condiciones de compra - Acceso privado  //  Diseño y programación web Ikono.es